MES DA PAZ

Documental: "Lesbos, a illa que non flota"
A indignación ao ver o drama dos refuxiados sirios impulsou ao fotógrafo Gabriel Tizón e á súa parella, a traballadora social Rocío Botana, a coller a mochila e partir de Galicia a Austria para “ver que se podía facer”. “Chegamos alí en setembro e non dabamos crédito ao que viamos; a magnitude da traxedia”, recorda.


Cantarela
Este fermoso poema que fala da amizade e da paz, escribiuno Xosé Neira Vilas, escritor que nos deixou o 27 de novembro do 2015. O grupo Navirada musicouna.


Heal the World
Heal the World (Sana o mundo) foi o sexto sinxelo do álbum Dangerous de Michael Jackson, lanzado en novembro de 1992. O sinxelo é considerado unha das mellores cancións do artista, e xunto a outras como: Cry, Earth Song e We Are the World; forman parte da gran cantidade de cancións que o artista escribiu sobre o mundo. “Heal the World” é unha mestura de Rithm & Blues, Soul e Gospel. A canción contou coa participación de tres integrantes da popular banda de rock Toto: Jeff Porcaro, David Paich e Steve Porcaro.
O mesmo Jackson dixo que a escribiu nunha árbore no seu Rancho Neverland, sendo esta peza unha das máis exitosas cancións da súa carreira. Inspirouse no nome da canción para crear o Heal the World Foundation, unha fundación de axuda benéfica para os nenos sen fogar.
A paz é a tradución brasileira da canción de Michael Jackson “Heal the World” do grupo Roupa Nova.